
A ÚLTIMA PÁXINA ESCRIBIUSE CON SANGUE
Moitos interrogantes xiran ao redor do Levantamento de 1846, unha parte da nosa historia esquecida e ata descoñecida, ainda que foi o único golpe de estado iniciado en Galicia e tiña como obxectivo acabar coa dictadura do Xeral Narváez.
Responder a estas cuestións e coñecer como sucederon realmente os feitos, impulsounos a crear un proxecto documental no que é preciso contar dunha maneira obxectiva e rigorosa o acontecido naquel ano de 1846.
Tras unha exhaustiva labor de documentación, A última páxina escribiuse con sangue, supón unha viaxe que nos leva dende Madrid, pasando por A Coruña ata Inglaterra, onde se atopaban os conspiradores exiliados.
Unha trama na que participaron personaxes destacados da época como o Xeral Espartero e Juana de Vega, nun tempo no que a política era un espazo prohíbido para as mulleres.
Uns feitos dos que formaron parte non só militares e políticos, senón tamén universitarios e intelectuais do panorama cultural galego.
Unha conspiración que puido cambiar a historia política e monárquica de España, na que Galicia tería o papel fundamental.